Saltar ao contido

Condes de Albarei

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Adega Condes de Albarei
TipoSociedade Anónima
Fundación1988
LocalizaciónCastrelo (Cambados)
Persoas claveDolores Calvo, presidenta
IndustriaEnoloxía
Na rede
http://www.condesdealbarei.com
editar datos en Wikidata ]

Adega Condes de Albarei é unha cooperativa galega adicada á produción de viño albariño.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

A adega foi fundada no 1988 coa unión de 375 viticultores do Salnés [1], e ten a súa sede no lugar da Bouza, na parroquia de Castrelo (concello de Cambados). Actualmente conta con 600 socios e colaboradores e unha extensión conxunta de 400 hectáreas. Xunto coas Bodegas Martín Códax é a maior produtora da comarca do Salnés.

No ano 1991 obtivo a medalla de ouro no Challange International du Vin de Bordeos, a primeira vez que se lle concedeu a un viño branco español. Este recoñecemento foi clave para o comezo da internacionalización do viño albariño.

Recentemente adquiriu o Pazo Baión, logo de que a leira fose administrada durante anos pola empresa catalá Freixenet, tras a súa incautación pola Audiencia Nacional a Laureano Oubiña.

  1. Publicidade da adega en La Voz de Galicia, xoves 24 de novembro do 2008 (páx. 27).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]